Thursday 19 de September de 2024

Cayetano Lledó e o seu “Lafayette show” abren mañá mércores o I Festival de Maxia de Brión


O auditorio do centro social polivalente de Brión acollerá mañá mércores 28 de decembro, ás 18:00 horas, a actuación do mago Cayetano Lledó, que abrirá a primeira edición do Festival de Maxia de Brión. Unha actuación dirixida a un público familiar e cuxa entrada será totalmente libre e de balde. Cayetano Lledó porá en escena o seu espectáculo “Lafayette Show”, no que interpreta ao mago François Lafayette e que ofrece unha actuación que fusiona maxia e teatro.